Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide que se arranxe o alumeado do Estadio Municipal Marcos Gómez

Viveiro, 2 de novembro, 2024. No mes de febreiro o temporal Karlotta provocou importantes danos na iluminación, derribando unha das torretas e deixando outra inoperativa, do Estadio Municipal Marcos Gómez no Cembedo, quedando unicamente en servizo as dúas torretas do lado da ria.

“A día de hoxe, nove meses despois, os devanditos danos seguen pendentes de reparación, feito que supón que as entidades deportivas usuarias soamente poidan utilizar as instalacións en horario diúrno e que nos meses de inverno limita considerablemente o cumprimento do horario asignado a cada clube”, apuntan desde Por Viveiro.

Por todo o exposto, “rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para o arranxo das mencionadas deficiencias na iluminación deste Estadio Municipal”.

Exit mobile version