Viveiro, 23 de novembro, 2024. No mes de xaneiro do ano 2024 producese o peche da empresa Alco en Viveiro, empresa que na ultima etapa se dedicaba a distribución maiorista de papelería, xoguete e regalo e que durante moitos anos foi un referente no sector da imprenta na nosa cidade e tamén en toda a comarca. A empresa foi fundada por Antonio Santiago Seijo no ano 1911, pasando a denominarse Artes Gráficas Santiago no ano 1938, razón social que se mantivo activa ata hai uns anos.
Viveiro pode presumir dunha longa traxectoria no mundo da imprenta, o primeiro establecemento tipográfico de Viveiro foi fundado en 1877 polo tipógrafo e impresor Teodoro Botino, logo iniciaría a súa actividade a imprenta El Vivariense en 1890, posteriormente en 1912 comenza a actividade da imprenta do Heraldo de Vivero. O longo de todo este tempo funcionaron outras imprentas: Temprano, Mi Imprenta, de José Basanta Burgos, establecida dende 1931 e vendida a Luís Neira Río en 1948 que deu lugar a actual Gráficas Neira Brochs, a imprenta de Epifanio Gutiérrez Arnabat, Luma, Diagar, Xoquina e Pemargo. Para facernos unha idea da importancia da actividade da imprenta en Viveiro, chega con dicir que no espazo temporal de 1886 a 2024 editáronse na nosa cidade máis de trinta cabeceiras de prensa.
Na actualidade, ademais de Gráficas Neira Brochs continúa en funcionamento a imprenta Gráficas Lar, fundada por Manuel F. López Martínez en 1980.
Para que toda esta bagaxe non se perda, dende Por Viveiro propoñemos a creación dun museo da imprenta na nosa cidade, que podería ubicarse no antigo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Lodeiro, propiedade do Concello dende o ano 2016.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Adquisición por parte do Concello, ben sexa directamente ou en colaboración con outras administracións, da maquinaria e materiais da empresa Alco, actualmente en liquidación, que teñan valor museistico.
2. Creación do Museo da Imprenta no edificio do antigo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Lodeiro.