Burela, 13 de novembro, 2024. “Parece que o señor Rouco, portavoz do Partido Popular de Burela, aínda non superou a derrota sufrida nas últimas eleccións municipais ou eso semella á vista da oposición que está a levar a cabo neste último ano e medio”, indican os socialistas.
“Os veciños e veciñas de Burela non se merecen este tipo de oposición que está a practicar o PP. E desde o Partido Socialista queremos manifestalo con feitos, non con palabras e bulos que é como actúa o señor Rouco”.
O Partido Popular critica absolutamente todo o que saia do Goberno de Burela, incluso cando o fai ben, como agora coa negativa a abonar unha compensación por produtividade aos traballadores e traballadores que non se axustaba á legalidade ou como coa man tendida da alcaldesa aos representantes dos traballadores para retomar a negociación da RPT, tan necesaria. Todo está mal ata cando se fai ben!
“A crítica recibida é tan desproporcionada e esaxerada que incluso antes de que se constituise o novo Goberno Local xa o criticou por un tema que era responsabilidade do anterior alcalde!!! É dicir, o PP xa estaba a criticar a actuación do executivo local antes incluso de empezar a gobernar algo inaudito!! Ou o feito de desmerecer día tras día a presenza da alcaldesa na prensa tildando as súas aparicións de posados e non representando ao Concello de Burela ou o feito de que falte algunha documentación pouco relevante nalgún pleno e facer pensar a todos que non se fai nada ben, como se o resto da xestión do Goberno Local neste ano e medio non valera para nada! E todo isto non é algo inventado polo Partido Socialista, pódese comprobar perfectamente revisando as noticias da prensa”.
“Debe ser moi difícil traballar polo pobo de Burela cunha oposición enfrente que o único que fai é criticalo todo, fagase ben ou non, poñer paos nas rodas a todas as cuestións formuladas polo goberno e esperar sistematicamente a que se produza un erro na xestión para volver a criticar. Non todo vale en política, señor Rouco!!!”.
Por iso, desde o PSOE de Burela “pedímoslle ao Partido Popular que deixe de facer política destructiva e se dedique a traballar polo pobo facendo aportacións e propostas que poidan axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciños”.