Site icon Crónica3.com A Mariña

Os automóbiles eléctricos e os híbridos gozarán dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica en Ribadeo

Ribadeo, 29 de novembro de 2024. En Ribadeo os automóbiles eléctricos e os híbridos gozarán dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica.

O alcalde, Dani Vega, subliñou: “unha nova medida en Ribadeo pola que todos os automóbiles eléctricos e híbridos van gozar dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica. Polo tanto, eu creo que é unha moi boa noticia que os vehículos eléctricos, os vehículos híbridos gocen dese desconto do 50%”.

O rexedor dixo que “xa se poden ir achegando ao Concello para comunicar que teñen ese vehículo e a partir de xaneiro de 2025 van gozar dese desconto, desa bonificación do 50%”.

Vega engadiu que “si todas as administracións estamos loitando para que cada vez sexamos máis conscientes de conservar todo o medio ambiente, eu creo que hai que ser coherentes. E non só a administración debe dicir palabras, senón que deben ir acompañadas de feitos. E por iso o Concello de Ribadeo vai ser o primeiro que tome esta decisión, esta medida, en favor do medio ambiente”.

Exit mobile version