Foz, 14 de novembro de 2024. Esta fin de semana o Concello de Foz trae dúas representacións para que pequenos e maiores disfruten ao máximo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “mañá, venres, chegará a compañía Galeatro coa obra Wombo Combo, unha historia sobre a relación dos nenos cada vez máis coa tecnoloxía e o virtual é menos no real. Unha historia na que a vida mesma se nos expón nas contradicións e dificultades do hoxe. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas, para público a partir de 5 anos e gratuíta. E o domingo 17 chega a maxia da man do mago Joshua Kenneth. Na Sala Bahía ás 12:00 horas poderemos ver unha selección de imposibles, con elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. É para todos os públicos. O prezo é de 2 euros para os pequenos e de 3 euros para os adultos”.
“Esta finde os máis pequenos poderán gozar de diferentes actividades. Agora que chegou o frío a nosa mente debe seguir imaxinando e descubrindo cousas novas. A maxia da cultura agárdate en Foz”, finaliza Inés López Couto.