Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Abadín deuncia falta de transparencia do alcalde na contratación de obras públicas

O seu Voceiro, Pablo Díaz, advirte de que solicitaron información por rexistro sobre varios expedientes e non obtiveron resposta, a pesar de que se están desenvolvendo obras no municipio que no perfil do contratante figuran como pendentes de adxudicación

Abadín, 9 de novembro de 2024. A Agrupación Socialista de Abadín, a través do seu Voceiro Pablo Díaz, denuncia a opacidade coa que o Alcalde do municipio está a xestionar varios proxectos de obras públicas, negándolle aos seus veciños e veciñas información sobre contratos.

Díaz explica que os socialistas pediron acceso á documentación sobre expedientes que afectan directamente a investimentos de fondos públicos e non lles deron dende o Concello esa información. ”Esta falta de transparencia supón unha clara infracción dos dereitos de fiscalización que a oposición ten sobre o goberno municipal e unha vulneración do dereito á información dos veciños e veciñas de Abadín”, detalla

En concreto, a Agrupación Socialista solicitou acceso aos expedientes das seguintes obras: creación dun parque infantil, subministración dun vehículo tractor, mellora da eficiencia enerxética do alumeado público, mellora do camiño que une Atalaia con Cabeira na parroquia de Labrada, reforma do pavillón de Moncelos e m ellora dos accesos ás parcelas agrícolas no lugar de Pena do Caldeiro.

Segundo explica Pablo Díaz, estas obras xa se atopan en execución ou incluso rematadas. “Non obstante, no perfil do contratante municipal, onde debería figurar toda a información relativa ao proceso de contratación, os proxectos aparecen coma se aínda estivesen pendentes de adxudicación, cando é evidente que xa foron asignados a empresas que están a realizar os traballos”, realata. “Estamos a falar de fondos públicos, de diñeiro de todos os veciños e veciñas de Abadín, non se pode facer e desfacer como se nada” sinala Díaz. “Esiximos que se nos permita revisar estes expedientes para asegurar que as obras se están a realizar de maneira transparente e en beneficio de todos”, insiste o socialista.

A Agrupación Socialista de Abadín esixe ao alcalde que deixe de ocultar información e facilite o acceso aos expedientes solicitados, en cumprimento das súas obrigas legais. “É imprescindible que todos os procedementos se leven a cabo coa máxima transparencia, especialmente cando se trata de investimentos con fondos públicos que afectan directamente o benestar de toda a comunidade”, indica Pablo Díaz.

Exit mobile version