Os populares agardan que “de aquí en diante se cumpra o acordado”
Burela, 29 de novembro de 2024. O PP de Burela logrou aprobar por unanimidade no pleno deste xoves a súa proposta para darlle maior difusión e publicidade á emisión dos plenos ordinarios e extraordinarios do Concello.
Os populares agardan, polo tanto, “que de aquí en diante se cumpra o acordado”. Igual que a proposta para pedir ao goberno bipartito que encabeza a señora López Moreno empregar os medios do Concello para facer comunicacións institucionais e non para “proclamas partidistas como facían ata o de agora”.
Os concelleiros do PP o que condenan é “o interese do equipo de goberno por colgarse medallas ou ser os protagonistas” toda vez que “trataron de plantexar unha emenda á nosa proposta que viña a dicir o mesmo que a nosa”. Polo tanto, entenden que “precisaban ser os protagonistas, pero non houberan levado esa iniciativa se non fora polo Partido Popular”.
En relación á conta anual do ano 2023, os populares explican que “foi aprobada en solitario” polo bipartito. Ao respecto explican que “non podemos apoiar as irregularidades do goberno” á vista de que o informe, a pesar de ser favorable, deixaba constancia do incumprimento de tódolos prazos legais establecidos”. De feito, “esta conta anual debería ser levada á sede plenaria antes do 1 de outubro”.
Ademais, os populares advirten que “hai un descenso económico patrimonial de máis dun 20% do ano 2022 ao 2023 e tamén un 20% de incremento nos prezos dende o ano 2022 ao 2023, no primeiro ano de mandato da señora López Moreno”.
Por outra banda, na dación de contas que fixo o bipartito, reflíctese que “os contratos menores -que son aos que teñen máis facilidades para optar os autónomos e PEMES locais- lévanos case sempre empresas de fóra de Burela, da Mariña ou incluso da provincia. Aínda que haxa técnicos profesionais en Burela ou no resto da comarca que poderían levalos a cabo, o bipartito prefire contratar a empresas doutros lugares”.