Os seus editores, Carlos Baliñas Pérez (USC) e Carlos Andrés González Paz (IEGPS), acompañados pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, explicaron o contido do libro, que constitúe unha revisión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro desde a Idade do Ferro ata finais do Antigo Réxime e que reúne os relatorios presentados por expertos de recoñecida traxectoria investigadora durante as “Xornadas de Estudos Históricos”, (2 e 3 de outubro de 2020, centro sociocultural de Alfoz), con motivo do octinxentésimo aniversario da vila de Castro d´Ouro (1220-2020).