Foz, 17 Novembro, 2024. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.
O 112 Galicia recibiu a chamada ás 14 horas dun particular que solicitaba axuda para un home que quedara illado nunha rocha na praia de Peizas, Foz. Durante a comunicación, indicaba que a persoa atopábase nun illote a 5/10 metros da area, pero debido a que o mar estaba revolto, non era capaz de volver a terra.
Os xestores de emerxencias pasaron aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Cervo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
Con todo, debido ás condicións do mar e á complexidade da zona onde se atopaba á persoa, foi necesario mobilizar o helicóptero Pesca-II para o seu rescate por aire e posterior traslado a terra.