Maite, Rubén e Julia representaron ó GPA de Burela no Parlamento galego, acompañados polo concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, a Educadora Familiar e o Técnico de Xuventude do Concello.
A voceira elixida polo grupo foi Maite, que deu un discurso centrado na inclusión e na participación infantil que foi froito da actividade de preparación levada a cabo nas últimas semanas.
A rapaza burelá interviu xunto a representantes dos grupos de vilas de toda Galicia, como foi o caso da Laracha, Viveiro, Teo, Moaña, Tui, Nigrán, O Rosal, Ponteareas, Moeche e Tomiño. Tamén participaron no acto María Montalvo Freire, presidenta de UNICEF Galicia, e representantes dos diferentes grupos parlamentarios e do Goberno galego.
“É un orgullo e unha honra ver como o traballo dos rapaces e rapazas dá os seus froitos e como son capaces de facer propostas e levar a iniciativa, dando cumprimento ós obxectivos da iniciativa Cidades Amigas da Infancia de Unicef”, sinala Mario Pillado.