“Analise de retos e oportunidades da produción alimentaria en A Mariña”
Mondoñedo, 6 de novembro, 2024. A presentación do proxecto tivo lugar o 31 de outubro no CFEA Pedro Murias de Ribadeo, executado a través dos fondos Leader 2023-2027 no marco do novo PEPAC. Baseándose na investigación, mapeo e análise de todos os axentes da fase de produción do sistema alimentario do territorio de A Mariña Lucense.
Esta información é necesaria para traballar no abastecemento dos comedores escolares, residencias, centros de día, etc.. con produto local, potenciando os circuítos curtos.
O GDR Terras de Miranda leva traballando catro anos con produtores locais e con comedores escolares a través de dous proxectos de cooperación con outros GDRs galegos, ademais de que forma parte como socio, dentro do grupo motor, do proxecto Eo Alimenta que traballa na mesma liña “Estratexia alimentaria da Biorexión do Eo”, collendo unha parte do noso territorio, concretamente actualmente: Ribadeo, Trabada e Barreiros.
Necesitamos coñecer a base que temos de produción alimentaria, así como as posibilidades de incrementar a mesma para conseguir un sistema alimentario sostible no territorio, así como, que detectar cales son os principais problemas aos que se enfrontan os produtores, tanto para incrementar a súa produción, incorporación ao sistema agrario ,produción en ecolóxico e comercialización.
Esta temática forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Rural do noso territorio e pretendemos seguir traballando na mesma a través de proxectos de cooperación ou proxectos de traballo en rede. Identificar os retos e oportunidades axuda a trazar novas liñas de actuación, coñecendo cal é a capacidade e potencial produtivo da comarca, para seguir avanzando de cara á potenciación dos circuítos curtos, redución da pegada de carbono, unha alimentación saudable e de calidade.