Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP da Mariña Ortegal continúa co programa Vixía visitando Cariño

Cariño, 22 de novembro de 2024. O GALP da Mariña Ortegal continúa co programa Vixía, de divulgación da súa EDLP, visitando o concello de Cariño. A diversificación da actividade pesqueira a través da pesca-turismo e o turismo mariñeiro, centrará o debate desta reunión, na que se contará coa experiencia “mariñeiroporundía”, de valorización da pesca costeira artesanal, e coa participación da Asociación Amarturmar Turismo Mariñeiro.

Ambas experiencias son claves na dinamización da Estratexia de Economía Azul en Galicia, xa que son exemplos pioneiros no impulso de actividades de diversificación promovidas por persoas profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro, que viron nas actividades de turismo unha oportunidade para a valorización dos seus oficios e da cultura mariñeira.

Sauro Martínez Durán, pioneiro na pesca-turismo en Galicia, presentará o proxecto “Mariñeiro por un día”. Convertirse en pescador por un día é a experiencia, que este patrón da embarcación, Playa de Sanxenxo, ofrece aos visitantes co obxectivo de coñecer como de desenvolve o traballo nun barco que se adica á pesca costeira artesanal. Este proxecto foi innovador no desenvolvemento de rutas de pesca-turismo con saídas ao mar a bordo dun barco pesqueiro que traballa na pesca artesanal e sostible empregando as artes dos miños e nasas. Sensibilizando tamén sobre a importancia da preservación da biodiversidade mariña, o proxecto desenvólvese na Ría de Pontevedra e na contorna do PNMTIAG, arquipélago das Illas Ons e, á súa chegada a porto, os turistas acompañarán ao mariñeiro á lonxa para ver a poxa do peixe e a gastronomía do mar ofrecendo unha degustación dos produtos do mar aos turistas.

Ana Belen Soteliño e Gloria Rivas, pertencen á asociación AMARTURMAR. Baixo o nome de Turismo Marinero, Amarturmar, é unha marca comercial que nace co propósito de crear una oferta turística, orientada á difusión da tradición e cultura mariñeira no concello de Redondela. Esta asociación nace ante a necesidade de complementar as rendas provenientes do marisqueo para poder manter as profesións de mulleres e homes que traballan directamente nesta actividade. Dando visibilidade á profesión artesanal, poñen en valor, a esta, aos recursos pesqueiros e ao propio medio mariño, visibilizando tamén a relevancia e o papel que desempeñan as mulleres nesta actividade primaria.

A xornada, que é aberta, celebrarase o vindeiro venres día 29 de novembro a partir das 18:30 horas no Concello de Cariño.

Exit mobile version