Este evento anual destaca pola súa coidada selección musical e por ofrecer unha experiencia única na localidade lucense de Vilalba. Tras o éxito da pasada edición, que superou os 6.000 asistentes e contou con actuacións destacadas como as de Iván Ferreiro, Dorian e El Columpio Asesino, o FIV segue apostando por grandes nomes do indie nacional. As primeiras confirmacións do cartel serán anunciadas nas vindeiras semanas, mantendo a emoción e as expectativas para esta nova cita.