Viveiro, 10 de novembro, 2024. O Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA, enviou 3.253 notificacións ás persoas propietarias de parcelas para garantir a xestión adecuada da biomasa e previr incendios forestais.
A tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente, Míriam Bermúdez, recorda que a obriga de manter as parcelas en correctas condicións é anual e debe realizarse antes do 1 de abril de cada ano.
Para facilitar o cumprimento desta normativa, o Concello de Viveiro porá a disposición un modelo de alegación que estará dispoñible no Rexistro, no departamento de Urbanismo e tamén na sede electrónica do concello.
Os titulares de parcelas poden:
Declarar que a súa parcela cumpre coa normativa, enviando fotografías que o acrediten.
Indicar erros na titularidade catastral e comprometerse a corrixilos.
Informar sobre a presenza dunha vivenda en estado de ruína para xustificar a non aplicación da faixa de protección.
Solicitar unha ampliación de prazo pola Imposibilidade de contratar a execución dos traballos no prazo establecido ou pola Tramitación de autorizacións sectoriais con outras Administracións.
Míriam Bermúdez destacou a importancia desta colaboración para garantir a seguridade da veciñanza e protexer o medio natural de Viveiro.
Lembrar que está dispoñible o visor no que consultar o PMPDIF do Concello de Viveiro na web, Viveiro.es/ concello dixital / visor de inventario de bens municipais / consulta o visor das faixas de incendios.
Na barra de búsqueda é posible introducir os datos da referencia catastral e situa a paracela automaticamente referenciando a Superficie afectada (m²) que se corresponde coa zona sombreada en rosa.