O acordo foi subscrito onte polo alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a presidenta da asociación, Isabel Lorenzo Serantes
Ortigueira, 13 de novembro de 2024. O Concello de Ortigueira e a Asociación Prol Minusválidos de Ortegal (ASPROMOR) asinaron onte hoxe un convenio de colaboración para a concesión dunha subvención nominativa de 45.000 euros destinada a apoiar os proxectos e programas que a asociación desenvolve en beneficio das persoas con discapacidade da comarca.
A presidenta de ASPROMOR, Isabel Lorenzo Serantes, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, subscribiron o acordo, que permitirá avanzar en distintas iniciativas enfocadas a mellorar, adaptar e modernizar os servizos de ASPROMOR. Estas iniciativas inclúen o desenvolvemento dun taller de carpintería prelaboral, que contará cun investimento en equipamento, maquinaria e ferramentas para formar e capacitar ás persoas usuarias; a implementación dun proxecto de vida independente en vivenda tutelada; así como a mellora integral da calidade dos servizos que ofrece a asociación.
Ademais, o convenio prevé facilitar o transporte en saídas de lecer e excursións, contribuíndo así a unha maior integración e participación en actividades da comunidade.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou a importancia deste convenio e sinalou que “este acuerdo es una muestra del compromiso de nuestro Concello con el bienestar y la inclusión de todas las personas de Ortigueira. Sabemos que ASPROMOR desempeña un papel fundamental en la mejora de la calidad de vida de las personas con discapacidad y sus familias, y este apoyo económico permitirá que sigan creciendo y ofreciendo mejores servicios”.
Con esta axuda, o Concello de Ortigueira reforza o seu apoio a ASPROMOR, impulsando proxectos crave para a inclusión e o benestar social no municipio.