Todos estes produtos serán levados, de forma gratuíta, polo veciño de Mondoñedo, Juan Rivas, no seu camión
Na carga que envía Mondoñedo van incluídos, gracias á xestión do Alcalde de Mondoñedo, os produtos recollidos nos Concellos de Xove, Cervo e da Asociación Bispo Santo de Foz. Toda ela constitúe unha carga de 34 palets que enchen completamente o remolque deste trailer.
O transporte de todos estes produtos de axuda, chegarán a Valencia de forma totalmente gratuíta grazas á acción altruísta deste veciño de Mondoñedo, Juan Rivas, que se ofreceu a levar a carga sen custo algún para poder colaborar coa xente que tan mal o está a pasar nas zoas afectadas pola DINA.
Está prevista a chegada deste envío para o mañá domingo día 10, contra a noitiña.
Hai que agradecer a toda a cidadanía a gran colaboración recibida para reunir todo este material, así como tamén ás empresas privadas que participaron desinteresadamente.
Dende o Concello de Mondoñedo e todas as institucións colaboradoras nesta iniciativa queren transmitir a súa solidariedade e apoio ás persoas afectadas pola DINA e facer saber que contan con todo o seu apoio.
Por último, o Concello de Mondoñedo, Xove, Cervo e a Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz queren anunciar que este envío non queda aí só, xa que se pon en marcha unha nova iniciativa para a recollida de xogues para “ningún neno de Valencia quede sen xoguetes” nestas datas tan sinaladas que se achegan.
O envío deste material sairá de Mondoñedo, da man de Juan Rivas, o vindeiro día 15 de decembro e tamén de forma totalmente gratuíta.
Quérese convidar a toda a cidadanía a colaborar novamente nesta iniciativa altruísta para axudar aos afectados.