O informe de secretaria intervención reflicte que se cumpre estabilidade orzamentaria, cunha débeda cero, unha clara aposta polos servicios sociais e o mantemento dos servicios básicos e a mellora da calidade de vida dos mindonienses.
Estes orzamentos, como así o reflicte o capitulo de gasto do persoal, avanza nas melloras laboráis dos traballadores e por ende dos servicios a prestar; Con todo isto o alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, sinala que as líneas de investimento para o vindeiro ano irán na mellora das infraestructuras, “a línea de ruta desta corporación e o abastecemento de Valiño-Seivane, a mellora de dous tramos inteurbanos: un na zona da granxa que conflue coa Avda Bos Aires, e o outro o arranxo do firme tamén dende o Seminario ata o cruce Avda. Bos Aires, a humanización e prevención de espazos dentro do casco histórico, sen esquecer as intervencions do Plan Urbe coa proxección dun investimento de 315.000€ cunha inversión prevista de 1 millon de euros, sen esquecer as parroquias nas que se seguirá coa folla de ruta destes últimos anos preveendo intervencións nas 14 a través das líneas de subvención”.
Este orzamento é a guía a seguer no 2025, onde a estabilidade económica esta garantida e froito dela está dando lugar a capacidade de inversión real como así o reflicte o estado de contas cun saldo de 2.500.000€, a día de hoxe e que permite seguir traballando na mellora de infraestructuras e servizos, deixando atrás os anos de endebedamento e intervención deste Concello. Unhas contas saneadas e cos informes preceptivos onde se ten en conta ás persoas e a súa calidade de vida.