Instaláronse 46 novas luminarias LED que contribuirán a mellorar a eficiencia enerxética
As obras supuxeron un investimento de 48.174 euros cofinanciados grazas a unha liña de axudas da Xunta de Galicia para a mellora de infraestruturas dos Parques Empresarias galegos.
Proxectouse pois –explicaron- unha reforma da instalación do alumeado público coa instalación de novas luminarias, que substitúen ás existentes, e que responden ao criterio da eficiencia enerxética.
Tal e como apuntou a alcaldesa esta actuación garante unha contorna máis segura, accesible e eficiente, e tamén é importante para mellorar a competitividade do parque, fundamental para atraer investimentos e fomentar unha contorna de traballo máis cómoda e segura para os traballadores pero tamén para os viandantes que transitan pola zona. Esta obra non só implica a instalación en si de novas luminarias senón tamén a modernización dos sistemas existentes, incorporando tecnoloxía LED de baixo consumo, que nos permitirá reducir custes, aforrar enerxía e reducir o impacto ambiental.