As entidades teñen ata o 28 de novembro –incluído- para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello
Cervo, 14 de novembro d0 2024. O Concello de Cervo abre este venres o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás ANPAS e aos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.
A convocatoria permanecerá aberta ata o 28 de novembro.
Tal e como recorda a alcaldesa, Dolores García Caramés, o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento na súa importante labor. Xa que no caso das ANPAS non só son a ponte entre as familias e os centros educativos, senón que son un piar fundamental para fomentar a participación activa das familias na educación das crianzas, en colaboración tamén co persoal docente.
Por estas razóns, resérvase unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte.
As bases están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.