Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani

Nesta actuación, que serve de antesala para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a coñecida maga realiza unha defensa da igualdade a través da maxia. O espectáculo é para todos os públicos e celebrarase na Casa dá Cultura de Cariño a partir das 18:30 horas. Conta con entrada libre e gratuíta ata completar aforo, polo que todos os interesados poderán acudir sen ter que realizar unha reserva previa.

Exit mobile version