O primeiro é de nivel básico e comezará o día 18 de novembro para rematar o 29 deste mes. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase do 9 ao 20 de decembro. Ambos os dous impartiranse de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais Dixitalización aplicada á contorna profesional (IFC748_2), válida para bolsas de emprego, oposicións ou concursos. Para realizar os cursos só é preciso non estar nese momento matriculado noutros estudos formais dependentes da Consellería de Educación”.
Pódese realizar a matrícula e solicitar máis información dende a páxina web do centro (www.portadaauga.es), e de luns a venres no propio CIFP Porta da Auga, de 08:30 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.
É unha acción financiada a través de fondos do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e do programa Next Generation da Unión Europea.