Os mariñanos competiron con seriedade os 40 minutos do encontro nun partido moi igualado
Na primeira parte 2 tiros a porta do Burela nos primeiros 4 minutos e boa posesión do balón nestes primeiros minutos. No minuto 6 unha dobre cesión dos mariñáns cústalles o 1-0, sacándo Pablo del Moral a falta dende o bordo da área que a toca cambiando o punto de lanzamento do balón que fusila Murilo burlando a defensa mariñá. Continúa o ritmo cun Pescados Rubén que non se vén abaixo. Primeiro bloqueo, de tantos, de Michal a un disparo de Arnaldo Báez e ocasión de Juninho que bloquea Fabio, no minuto 9, nos primeiros minutos de xogo do brasileiro. Chega o empate no ecuador da primeira parte, un gol do capitán chileno, Don Bernardo Araya, xogador cunha actitude en pista admirable partido tras partido, que protagoniza un cara a cara con Víctor tras un moi bo pase de Juninho, logrando o primeiro tanto para o seu equipo. Moita prudencia por parte de ambos equipos nos próximos minutos. Boa defensa do Burela nunha segunda metade desta primeira parte con moi poucas ocasións para os dous conxuntos. A dous minutos do descanso paradón de Michal coas dúas mans a un disparo directo á escuadra de Murilo e remate de Pitero que detén Fabio un minuto despois. Moi boa defensa dos pupilos de David Rial nestes últimos 2 minutos desta primeira metade na que o Córdoba presiona ao rival buscando o tanto que lles devolva a vantaxe antes do descanso. Última ocasión clarísima do conxunto andaluz que despexa Rikelme na liña de fondo nun disparo de falta moi perigosa que saca Murilo.
Na segunda metade ocasión para o Burela aos dous minutos do comezo, tras unha perda de Gui Santos que rouba Isma pero volve meter o pié Gui sacándoa a córner. No 28 Araya sácaa a córner tras un moi bo bloqueo de Michal a un disparo de Pablo del Moral. Comeza a verse un Córdoba incómodo, que sofre ante un Pescados Rubén ofensivo que á vez mantén unha boa estrutura defensiva. Salvaa Isma nunha xogada na que sae Michal e Felipe recibe o balón disparando coa portería baleira pero atopándose con Isma polo camiño. Ambos conxuntos loitan pola posesión do balón e chega o segundo dos locais nun contragolpe no que Kaue chega á área burelense e pásalla a Arnaldo Báez que remata coa cabeza o balón cara a dentro da portería. Continúa buscando o empate o Burela, pero o Córdoba non permite. No minuto 35 Juninho dispara fóra nunha moi boa xogada colectiva que puido ser o empate e volve tentalo Malaguti cun disparo escorado que despexa o porteiro a córner. Bos momentos para os mariñáns, que o tentan de forma continuada nos últimos 5 minutos, practicamente non deixando tocar o balón aos andaluces, pero non logran empatar. No minuto 37 libre indirecto que saca Charly pero a defensa cordobesa logra salvar de novo a ocasión. Continúa a presión do Burela ata o último minuto, a dous do final David Rial opta polo xogo de 4 para 5 sacando a Meira como porteiro-xogador e aumentando aínda máis o número de ocasións xeradas pero que non logrando puntuar. Tensión e ganas de gol ata o último segundo no que un dereitazo de Isma directo ao interior da portería case volve ser o empate, pero desvíao a defensa cordobesa á cruceta.
Mantense o conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS na posición 12 da táboa, a espensas que o que ocorra mañá en Madrid co encontro entre o Manzanares e o Noia ás 13.00 e que decidirá ese 11 posto.
Na próxima fin de semana os Pícaros enfrontaranse ao Quesos El Hidalgo Manzanares ás 18.00h en Vista Alegre, previo ao partido das Pícaras ante o AE Lles Corts no mesmo pavillón.
Ficha Técnica Córdoba Patrimonio de la Humanidad 2-1 Pescados Rubén Burela FS
Córdoba Patrimonio de la Humanidad (2): Fabio; Arnaldo Báez, Pablo del Moral, Murilo, Kaue –cinco inicial-, Víctor (P), Felipe E., Gui Santos, Juanan, Hugo, Lluc, Macedo, Aranda, Cendán. Entrenador: Emanuel Santoro.
Pescados Rubén Burela FS (1): M.Kaluza; Araya, Quelle, Isma, Charly -quinteto inicial-, Alberto, Malaguti, R. Ribeira, Juninho, Meira, Pitero. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min.6: Murilo. 1-1, min.11: Araya. 2-1, min.33: Arnaldo Báez.
Árbitros: Héctor Mayo López, Carlos Panadero Díaz-Concha, Diego Corredor Corredor, Pedro José García Ramírez.
TA: Pablo del Moral, Kaue, Murilo, Pitero, David Rial, Malaguti, Nacho García.