“Unha vez que se demostrou que o novo sistema é un fracaso, chegando ao punto de ter que paralizar os permisos en todos os montes do ámbito municipal, desde este grupo municipal consideramos que é tempo de deixarse de experimentos e volver ao sistema antigo e reintroducir a obriga”
O voceiro nacionalista, Pablo Vizoso apunta que “en xaneiro advertimos de que quitar ferramentas de protección para a veciñanza traería graves consecuencias, en só 8 meses o tempo deunos a razón. Naquel momento votamos en contra de eliminar unha ferramenta que se demostrara útil nos dez anos que estivo en funcionamento. Cando algunha pista quedaba sen arranxar bastaba con apercibir a empresa que realizara a corta e saca e esta arranxaba a vía sen dilacións. Nunca se tivo que chegar a executar unha fianza e inda menos prohibir totalmente as cortas en todo o concello. Era un elemento disuasorio que funcionaba. O goberno decidiu eliminar esta ferramenta, non sabemos por que razón ou interese, sen facer caso das nosas advertencias”.
Vizoso engadiu: “Unha vez que se demostrou que o novo sistema é un fracaso, chegando ao punto de ter que paralizar os permisos en todos os montes do ámbito municipal, desde este grupo municipal consideramos que é tempo de deixarse de experimentos e volver ao sistema antigo e reintroducir a obriga de depósito de fianza. Para iso presentamos esta moción. Protexer á veciñanza é o máis importante”.