Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Ribadeo esixe a paralización inmediata da tala indiscriminada no CEIP Gregorio Sanz

Ribadeo, 6 de novembro, 2024. Esta mañá o voceiro do BNG municipal Pablo Vizoso e o concelleiro Martín Graña acudiron ao centro de ensinanza a comprobar sobre o terreo os traballos de corta e poda que mandou realizar o goberno municipal.

Vizoso declarou: “Ante a alarma suscitada, na tarde de onte solicitamos o suposto informe técnico do que falou o alcalde para xustificar esta actuación, como xa pasou coa colocación do mamotreto nas escaleiras do concello ou cas rozas sen permiso e posterior multa que pagamos todos, é moi probable que o dito informe non exista ou que se encargara con posterioridade para intentar tapar a nefasta xestión do alcalde e o concelleiro de medio rural, nos próximos días teremos máis información, está en xogo a pouca credibilidade deste goberno.

Para máis gravidade, os traballos estanse realizando en horario lectivo, co perigo que iso conleva. E como se todo isto fora pouco, a madeira está sendo recollida por un familiar directo dun membro do goberno. E iso fai que nos preguntemos, cal é a verdadeira motivación destas cortas e quen se beneficia delas? É un comportamento ético e a altura do cargo que ostentan? Cas árbores que foron cortadas xa se produciu un dano irreparable ao patrimonio natural de todos e todas as ribadenses, árbores que fomos plantando as distintas xeracións que pasamos por ese colexio e que forman un entorno único para que as crianzas poidan aprender, medrar e disfrutar. Coidar este entorno é labor de todos, inda estamos a tempo de evitar unha desfeita maior.

Exit mobile version