Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG comprométese en Celeiro a seguir defendendo o sector pesqueiro galego tanto en Europa como en Galiza

Ana Miranda: “Seguiremos loitando para que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca”

Celeiro, 22 de novembro de 2024. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asistiu hoxe a XXVIII edición das Xornadas de Pesca de Celeiro, “referente ineludible para o sector”, apuntou Miranda, quen asistiu xunto ao deputado no Parlamento Galego, Daniel Castro; o responsable comarcal do Bloque, Antonio Veiga; a tenente de alcaldesa en Viveiro; Miriam Bermúdez; a concelleira, Iria Cotelo; o concelleiro Xoán Ramón Martínez; e o tenente alcalde de Burela, Mario Pillado.

“Seguiremos defendendo o sector pesqueiro galego tanto no Parlamento Europeo como no Congreso e no Parlamento Galego, como sempre fixemos”, salientou a eurodeputada galega ao tempo que destacou que o sector atravesa unha situación moi complicada tanto polo inxusto reparto das cotas e TACs de pesca como pola falta de revisión do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura.

Ana Miranda salientou que seguirá trasladando ao novo Comisario de Pesca as reclamacións da pesca e o marisqueo galego e de forma especial a necesidade de que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca, que ao seu xuízo é fundamental por parte de Bruxelas para obter un mellor reparto de fondos.

Exit mobile version