Ribadeo, 12 de novembro de 2024. O Concello está a levar adiante unha nova campaña de desratización en varios puntos de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “estamos a realizar unha nova desratización en Ribadeo en puntos concretos como nas inmediacións do colexio Gregorio Sanz, praza de abastos, zona vella, etc…”.
O rexedor dixo que “dentro desa planificación e programación que desde que chegamos ao goberno municipal estamos tendo neses puntos onde se producen eses problemas o Concello está a actuar”.