Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle o XVII Concurso de Tapas do venres 29 ao domingo 1 de decembro

O evento, organizado pola hostalería de Mondoñedo, conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

Mondoñedo, 23 de novembro, 2024. Ven de presentarse un habitual da gastronomía da provincia de Lugo dos finais de novembro, o concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, para que podas “Rematar novembro e comezar decembro tapeando en Mondoñedo!”

Un ano máis a hostalería da cidade episcopal ten lista unha nova edición do concurso de tapas de Mondoñedo no que combinan o produto local de primeira calidade coa creatividade da cociña mindoniense.

As datas de celebración serán o vindeiro venres día 29, de 20h a 23h, sábado 30 de novembro, de 12h a 15h e de 20h a 23h, e domingo 1 de decembro, de 12h a 15h. Datas nas que se poderán degustar tapas a un prezo simbólico de 3€/unidade e na que se sortearán premios como lotes de viño, unha noite na suite do hostal Camiño de Estrellas ou entradas á Cova do Rei Cintolo, entre aquelas persoas participantes, só con cubrir 5 selos do “Pasporte do Gran Tapeador” que estarán a disposición do público nos locais participantes.

Neste edición, serviranse tapas dentro concurso, en A Taberna da Galiana coa tapa “Bocado do Casalón”, Bodegón a Catedral coa tapa “Que che dixen?”, Faragulas con “Un Vou e Veño”, O Petisco con “Eu que sei!”, O Porriño con “Delicias do chef” e O Rincón de Mondoñedo con “Volovan a flipar” e, para ter unha atención con todos aqueles que se acheguen a cada un destes establecementos, haberá en cada un deles, sorteos particulares de premios.

Dende a hostalería de Mondoñedo, a APEHTL e o Concello de Mondoñedo queren convidarte a participar neste saboroso fin de semana en Mondoñedo. Remata novembro e comeza decembro tapeando en Mondoñedo!

Exit mobile version