Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado de Nadal en Alfoz

Alfoz, 28 de novembro, 2024. O próximo venres 6 de decembro regresa o Mercado de Nadal ao concello de Alfoz. Por segundo ano, está organizado pola Asociación Veciñal de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

Será no Atrio de San Pedro e contará cunha gran carpa climatizada con diversos postos de comida, doces, adornos, bisutería, agasallos…

Ademais ofrecerase o obradoiro “Crea o teu adorno de nadal”, de balde e para os máis pequenos da casa. Terá dous horarios, ás 12h e ás 17h.

Ás 18:30h será o acendido das luces a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación a actuación do Coro de Mondoñedo. Tamén haberá sorteos.

Tralo éxito da pasada edición, dende a organización convidan a veciños e visitantes a achegarse e gozar do Mercado.

Exit mobile version