A alcaldesa de Viveiro asistiu á inauguración das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro
A alcaldesa de Viveiro asistiu á inauguración das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro. Durarán ata o sábado e ofrecerán aos participantes un total de 23 conferencias nas que expertos en diferentes ámbitos analizarán cuestións de gran relevancia para a actividade.
“Quero destacar o esforzo e o traballo de Máximo Díaz, secretario da Cofradía de Pescadores de Celeiro e coordinador das xornadas, e de Domingo Rey, presidente do Porto de Celeiro e patrón maior da Cofradía de Pescadores de Celeiro”, afirma Loureiro.
“Uns días para o diálogo, o debate e a reivindicación. Viveiro e Celeiro son sinónimos de pesca, un sector fundamental na economía local e da Mariña, de milleiros de familias que viven do mar”, engadiu a alcaldesa.