Segundo a información recibida no 112 Galicia por parte dos equipos de extinción, ardeu un alpendre que tiña acumulado no seu interior uns dous camións de leña. O 112 Galicia foi coñecedor do sucedido ás 04:45 horas da madrugada mediante o aviso dun particular que indicaba que estaba ardendo un alpendre situado en A Picañeira, na parroquia de Roás, en Cospeito. Nesta primeira chamada xa indicaba que non había persoas afectadas nin vivendas preto. Desde a sala de operacións do 112, pasouse aviso aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil. Nestes momentos, o lume está extinguido e están procedendo a arrefriar a zona. Por fortuna, ningunha persoa resultou afectada.
Incendio nun alpendre en Cospeito
Incendio nun alpendre en Cospeito
Relacionado
-
O pasado domingo, o Concello de Ortigueira celebrou a entrega de premios do concurso de tapas “Ortigueira a Bocados”
-
Vilalba aproba o proxecto de obra para a instalación de decantadores nas estacións potabilizadoras que permitirá solucionar a turbidez na auga
-
O PSOE de Abadín denuncia que o contrato da subministración eléctrica está paralizado “pola incompetencia do alcalde”