A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “mañá, venres, chegará a compañía Contraproduccións coa obra Apaga o candil, unha comedia de tradición galega, humor e retranca. Avelino González e Toni Salgado protagonizan esta produción. Será ás 20:30 horas. E o sábado 9 o protagonismo será para o Entroido e a elección do seu reinado para a edición de 2025. Os tres candidatos explicarán porque queren ocupar este posto; son Coral Rey Oliveros, Ainhoa Rey Vizoso e Derek Pérez González. A partir das 19:30 horas abriranse as portas para todo aquel que queira participar desta elección e á vez colaborar cos afectados da DANA en Valencia. A gala será presentada polo mago Rafa que ademais nos deleitará co seu espectáculo de maxia para todos os públicos”.
“Agardamos que se achegue a xente a Foz esta fin de semana, xa que ten unha variada proposta de eventos. Ademais do teatro e a elección, na parroquia de San Martiño festexan ao seu patrón, polo que a música e a festa están asegurados”, finaliza Inés López Couto.