Site icon Crónica3.com A Mariña

Fabiola García felicita a Ribadeo polas súas cestas de agasallo ás familias con recén nacidos

Ribadeo, 9 de novembro de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, felicitou ao concello de Ribadeo e a Asociación Saúde Mental A Mariña polas ‘cestas dos arrolos’, que dan a benvida aos pequenos nados no municipio. A conselleira agradeceu ao alcalde, Daniel Vega, e á entidade social a súa implicación nesta iniciativa pensada para as familias que acaban de ter un neno e ás que se lles agasalla con cueiros, panos ou produtos de baño.

Fabiola García puxo en valor a importancia de que os concellos se sumen coas súas propostas ao obxectivo de facer de Galicia o mellor lugar para vivir e formar unha familia. A esta finalidade, responden medidas do Executivo autonómico como a Tarxeta Benvida e a Cesta Benvida, a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, as casas niño ou o Bono Concilia Familia.

Exit mobile version