O acto terá lugar ás 17:00. Entre outras melloras realizadas no mesmo, o parque infantil Rosalía de Castro contará agora cun gran barco de xogos.
A alcaldesa Carmela López quixo convidar “a rodos os nenos e nenas de Burela á reinauguración do parque, que será toda unha referencia na Mariña”.
A obra contou cun investimento de máis de 117.000€ coa colaboración da Deputación, e incluíu a retirada do mobiliario anterior, a colocación dun novo chan de amortiguación e un novo valado ou a plantación de novos setos.