Estrelas e árbores nas principais rotondas de acceso á vila e unha grande bola de Nadal no parque de San Francisco son algunhas das novidades deste ano.
Tamén foi inaugurado esta tarde o Mercado de Nadal, que está instalado ata o 8 de decembro no parque de San Francisco. O horario de apertura é de 11 a 14:30 horas e de 17 a 21 horas. Son 35 casetas nas que se poderán atopar moitas ideas para estas festas de Nadal: decoración, artesanía, alimentación, etc…
Para o 5 de decembro está prevista a apertura da pista de xeo, un dos grandes reclamos do Nadal ribadense así coma o Ribaxogo. Ata o día de Reis unha ampla programación de actividades para todos os públicos agarda por veciñanza e visitantes.