Ribadeo, 27 de novembro de 2024. O 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades culturais, lúdicas e empezamos disfrutando das actividades, como poden ser a pista de xeo, o Ribaxogo, o chan interactivo ou os obradoiros educativos para todas as idades. A partir de aí tamén hai festivais, como pode ser o jazz. Queremos agradecer todo o traballo, que fai a organización, o Concello e a Xunta colaboran; ou o Vendaval, con ese Galiñeiro do Vendaval; a festa do pre fin de ano; a actividade que tamén está a realizar o Xara, esa música que está tamén para todos os públicos e de verdade que agradecemos todo ese traballo; a Papanoelada, que por vez primeira fai o Concello de Ribadeo. Animamos a todos os moteiros da zona a que participen nesa Papanoelada que vai arrincar de Ribadeo ata Rinlo”.
Vega indicou: “esta é a actividade que temos. Hai que destacar e quero agradecer todo o traballo que fai a Asociación Saúde Mental A Mariña, que vai a traer a súa actividade, ou tamén os dous actos importantes tamén desde un punto de vista nacional e internacional, Tadeo Jones, que é un musical que vai vir a Ribadeo ou o mago Mag Lari”.
Para Dani Vega: “é un Nadal preparado para todos os públicos que quere acoller moitas persoas que veñan a Ribadeo a escoller os regalos e tamén a vivir con nós estes días e a todos os veciños participar das actividades que fai o Concello. Polo tanto, un Nadal cheo de actividades, tamén destacar o traballo da Acisa, con ese sorteo que facemos ao rematar xa o Nadal, e tamén agradecer á Cabalgata de Ribadeo o traballo que fai e que ano a ano a temos aí. Entre todos, repito, fixemos un Nadal cheo de actividades, con moita programación, con moito sentido, con moita responsabilidade e animamos a todos a participar do Nadal, do gran Nadal que ten Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “hai motivos dabondo para vir a Ribadeo a gozar do Nadal, a facer as compras e a saborear a gastronomía destas datas. Estamos convencidos de que Ribadeo será de novo un referente turístico e comercial durante estas especiais datas, que agardamos que sexan un éxito para todo o tecido empresarial ribadense”.