Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado, 16 de novembro, celebrouse en Oviedo o curso de Xuíz Tribunal Nacional de Graos organizado pola Fakyda, dirixido por José Antonio González Magadán, Director Rexional de Graos

Realizouse en dúas sesións, unha teórica e outra práctica. Na práctica contouse coa colaboración dos mestres Eloy Roces, Félix Bargados, Ángel Areas, Francisco Martins e Lino Gómez Feito. Nel actualizou a súa titulación de Xuíz de Tribunal Nacional de Graos o profesor do Club Shitokai Asturias Galicia, Julián Martín. Pola tarde celebrouse o exame de Cinto Negro ata 8º Dan. Os karatekas pertencentes ao Club de Karate de Ribadeo obtiveron os seguintes graos: Miguel Sanz Delgado, Cinto Negro 2º Dan. Janet Villarino Vizoso, Cinto Negro 1º Dan. Ambos coa idade mínima no seu Grao.

Exit mobile version