A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro e será unha edición monográfica sobre a Cova do Rei Cintolo a raíz de todas as investigacións que se estiveron e está a realizar nela dende o ano 2018. Nesta edición, o Concello conta coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía para achegar esta temática.
A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa coordinación do xeólogo Marcos Vaqueiro quen, ademais, é o responsable da coordinación e execución das investigacións que se están a executar na cova e que se van a poñer sobre a mesa nesta edición.
O programa comezará o venres día 13, ás 19:30h coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20:00h, coa intervención de D. Marcos Vaqueiro que leva o título “9.000m de cavernas y ríos bajo O Coto do Penido: Aproximando su línea de tiempo”
A segunda xornada, o sábado día 14, arrancará pola mañá cunha visita guiada a diversos puntos de interese da Mariña relacionados con este mundo. Estes serían: A Frouseira, onde a auga disolve os granitos da Mariña, Abrigos da Ameixoada: unha porta a outras covas (arqueolóxicas) de Mondoñedo e Furada Senar: a outra gran boca e o outro gran sumidoiro de O Cintolo… ata o seu peche en MIS3.
Na tarde do sábado, ás 18:00h, terá lugar a segunda conferencia, a cargo de Dna. Aurora Grandal coa intervención titulada “Paleontología del karst Mondoñedo – Abadín”
A actividade finalizará o domingo día 17 cunha conferencia ás 12:00h, a cargo de Dna. María Luz Rodríguez Blanco e D. Marcos Vaqueiro, co título “Rios bajo la montaña: Lo que nos revela la geoquímica de las augas entre O Coto do Penido y O Penido de Orxal”.
A xornada rematará coa entrega de diplomas.
Para a asistir á actividade prégase inscrición a través do e-mail xonradas.arqueo@gmail.com ou a través do teléfonos 982 50 71 77 e 982 52 40 03. A matricula na actividade é gratuíta e estará aberta ata o venres, día 13 ás 14h.
Dende o Concello de Mondoñedo queren convidar a asistir a esta actividade a todas e todos os afeccionados ao mundo da historia e da arqueoloxía a través deste atractivo programa de actividades.
Horario detallado
Venres 13 de decembro
19:30h. Entrega de Documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
“9.000m de cavernas y ríos bajo O Coto do Penido: Aproximando su línea de tiempo”
Dr. D. Marcos Vaqueiro Rodríguez
Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, Investigador Asociado Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal” – Universidade de A Coruña.
Presidente do club de espeleoloxía A Trapa (CETRA)
Sábado 14 de decembro
09:00h. Visita interpretativa.
. Tras as pegadas do “Karst” máis antigo: A Frouseira, onde a auga disolve os granitos da Mariña.
· Abrigos da Ameixoada: unha porta a outras covas (arqueolóxicas) de Mondoñedo.
· Furada Senar: a outra gran boca e o outro gran sumidoiro de O Cintolo… ata o seu peche en MIS3.
Saída: Praza do Seminario ás 9:00h. – Haberá autobús para a viaxe.
Hora estimada de retorno 14:00h
18:00h. Conferencia.
“Paleontología del karst Mondoñedo – Abadín”
Dra. Dna. Aurora Grandal DÁnglade
Profesora Titular de Paleontoloxía. Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”. Universidade de A Coruña
Domingo 15 de decembro
12:00h. Conferencia.
“Rios bajo la montaña: Lo que nos revela la geoquímica de las augas entre O Coto do Penido y O Penido de Orxal”
Dra. Dna. María Luz Rodríguez Blanco e Dr. D. Marcos Vaqueiro Rodríguez
Dra. Rodríguez Blanco: Bióloga Ambiental, Área de Xeografía Física. Universidade de Vigo
Dr. Vaqueiro Rodríguez: Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, Investigador Asociado Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal” – Universidade de A Coruña.
Presidente do club de espeleoloxía A Trapa (CETRA)
Entrega de diplomas.