Este xoves foron con temática de Samaín.
Continúan os Brincos de Lecer de Cervo
Por este motivo suspéndese as clases e a actividade nas escolas infantís.
O seu 'petisco larpeiro' quedou só por detrás da elaboración do representante de Ciudad Real no concurso celebrado este martes en Madrid Fusión.
Este sábado, 1 de febreiro de 2025, ás 21,00 horas, o grupo teatral "O Centiño" de San Martiño representará no salón de actos da Casa da Cultura de Trabada a súa obra "A Morte Morrida", unha reflexión en clave de comedia sobre a xubilación e a importancia de crer na vida e no seu valor. O acto está organizado polo concello de Trabada.
“A súa pegada quedará para sempre en Ribadeo”, subliñan desde o Concello. E destacan que “ambas estatuas, ademais de seren un emblema desta vila, son un reclamo turístico moi importante”.
Esta iniciativa, deseñada para todas as idades pero especialmente dirixida ás persoas maiores, comezará o 1 de febreiro en Baleo e desenvolverase os sábados en horario de 18:00 a 21:00, ofrecendo un espazo de encontro e diversión para toda a comunidade.
O operativo policial iniciouse o pasado sábado cando, tras levar a cabo a identificación do presunto autor por unha requisitoria xudicial en vigor de detención, comparecencia e ingreso en centro penal por un delito polo que fora condenado con anterioridade, procedeuse á aprehensión duns 200 gramos de suposta cocaína, uns 700 gramos de suposto haxix, unha báscula de precisión e uns plásticos utilizados para a confección de envoltorios para distribución e venda polo miúdo de substancias estupefacientes. As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo e a persoa detida ingresou no centro penal de Bonxe.
Sábado moi animado no local social de Lieiro da man do Dúo Dilema que portagonizaron un novo Guateque de Arruguiñas coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital