“Mudemos de rumbo. O galego tén futuro”
A Mariña, sábado 9 de novembro. Colectivos integrantes da Plataforma Queremos Galego na Mariña presentaron hoxe en Foz o acto nacional pola lingura que baixo o título de “Mudemos de rumbo. O galego tén futuro” terá lugar en Santiago de Compostela na Praza da Quintana o domingo 17 de novembro.
Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son os resultados das políticas desenvolvidas pola Xunta nos últimos 15 anos incentivando e provocando a exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino pero tamén no lecer infantil e xuvenil, na administración, na televisión, no audiovisual……
Puntos mínimos
Para reverter esta situación desde a plataforma proponen uns puntos mínimos como a vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade nen 2004, a implicación de Xunta e Estado e entidades locais e sociais para aplicar as medidas deste Plan, así como a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas nun calendario de acción 2023-2027.
Desde Queremos Galego animan a toda a sociedade mariñá, a entidades sociais de todo tipo e a persoas a título individual a converter o acto do 17 de novembro nunha grande convocatoria unitaria, nun grande plenario de Queremos Galego, para amosar que outro rumbo para o galego é posible e que entre todas e todos podemos garantir futuro para o galego.
Autobuses para asistir ao acto na Praza da Quintana o 17 de novembro
Anuncia tamén que haberá autobuses para asistir ao acto. Para eso hai que anotarse nos teléfonos 982 140 654 e 982 581 861 todo máis tardar o mércores 13 de novembro.