Cervo, 22 de novembro, 2024. Cervo programa diferentes actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao. Será un acto solidario baixo o título “Unha vela por ti” e a recadación das velas que se merquen alí irá destinada á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de Xénero con enfermidade mental, da asoc. Saúde Mental A Mariña.
Ademais esa fin de semana, o sábado 23 de novembro, terá lugar un taller gratuíto de fotografía de Luz Negra a cargo de Diana Fajardo, para crianzas e persoas adultas, a inscrición pode facerse xa na Casa da Cultura no 982 59 51 57
O domingo, 24 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, farase o visionado dos traballos do taller e terá lugar a inauguración da mostra “Queremos Ser Libres”, de Diana Fajardo