A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da primeira edición da proba, na que se espera a participación dunha corentena de xinetes de toda Galicia, así como de Asturias e Castela e León
O delegado territorial, Javier Arias, participou no acto xunto ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e Antonio López e Juan Pita, representantes do Club Hípico Val de Francos, que organiza a proba en colaboración co Concello.
O prazo de inscrición está aberto ata o 19 de novembro e os promotores prevén a participación dunha corentena de xinetes das catro provincias galegas, así como de Asturias e Castela e León.
O programa inclúe tres probas diferentes, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros cada unha. Todo o traxecto discorrerá por pistas e camiños forestais, salvo pequenos cruces de estrada nalgún tramo.
Ao finalizar a xornada haberá trofeos e regalos para os participantes. A organización destaca que o circuíto no que se desenvolverán as probas é un dos mellores de Galicia, en especial porque atravesa na súa totalidade por un terreo chan e sen pendentes.