Site icon Crónica3.com A Mariña

Castiñeira ve “sospeitoso que outro erro do alcalde lle permitira á empresa licitadora alegar por segunda vez a decisión da Corporación Municipal de non seguir co contrato da residencia mentres non estean claras as axudas aos usuarios”

O voceiro popular volveu a reprocharlle a Cajoto que o Concello de Foz continúe adebedándolle á actual concesionaria tres meses de servizo

Foz, 25 de novembro de 2024. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, ve “sospeitoso” que outro erro do alcalde lle permitira á empresa licitadora alegar por segunda vez a decisión da Corporación Municipal de non seguir co contrato da residencia mentres non estean claras as axudas aos usuarios. Sucedeu no pleno extraordinario urxente, celebrado no día de hoxe, convocado para corrixir un erro nunha acta.

Ante as sospeitas de que estes erros están favorecendo á empresa licitadora, PP e BNG aprobaron unha emenda de engádega, cos votos en contra do PSOE, na que se argumentaba, unha vez máis, as razóns de interese público de ter que aprobar previamente unha ordenanza de axudas antes de sacar adiante o servizo con novos prezos para que ninguén quede fora da residencia polo que Cajoto volveu a perder unha votación na que populares e nacionalistas se uniron a favor dos intereses dos usuarios máis desfavorecidos.

“O alcalde segue empeñado en non aportar nada e que o esforzo o sigan pagando os usuarios coas axudas que a Xunta de Galicia lles outorga mensualmente que ascenden a 230.000 euros ao ano”, criticou Javier Castiñeira.

Débeda á actual concesionaria

O voceiro popular volveu a reprocharlle a Cajoto que o Concello de Foz continúe adebedándolle á actual concesionaria tres meses de servizo o que está a poñer en risco o benestar dos usuarios e os salarios dos traballadores que tanto están a dar pola residencia.

Exit mobile version