Site icon Crónica3.com A Mariña

Castiñeira: “Cajoto converteu o punto limpo de Foz nunha escombrera por non cumprir cos pagos ás empresas xestoras”

PSOE e BNG están obsesionados en subir impostos, non pagar a tempo ás empresas, dar peores servizos e buscar desculpas para non asumir responsabilidades

Foz, 16 de novembro de 2024. O Partido Popular de Foz alerta que Cajoto converteu o punto limpo nunha escombrera por non cumprir cos pagos ás empresas xestoras. Hai semana que os populares denunciaron esta situación pero agora volveuse insostible xa que os residuos invaden todo o espazo o que, ademais de dar unha imaxe de abandono, limita a súa operatividade.

O voceiro popular, Javier Castiñeira, explica que “os usuarios non entenden a mala xestión do punto limpo de Foz, que nunca estivo tan mal, pero parece ser que os motivos do colapso son os impagos ás empresas xestoras que recollen o material ás que o Concello lles adebeda varios meses de facturas”.

E este non é ó único caso de empresas que traballan para o Concello ás que se lle adebedan pagos. Son moitas outras, como denunciou no seu día o PP de Foz, como a empresa que xestiona a Residencia de Maiores, a empresa encargada do alumeado público e outras moitas que están deixando de traballar ao acumular débedas pola inoperancia administrativa de PSOE e BNG que están obsesionados en subir impostos, non pagar a tempo ás empresas, dar peores servizos e buscar desculpas para non asumir responsabilidades.

Exit mobile version