Burela, 27 de novembro, 2024. Camiña organiza o programa `Ocioconcilia Nadal´, unha iniciativa que busca ofrecer actividades lúdicas e educativas para nenos e nenas de entre 3 a 10 anos durante as vacacións de nadal. O programa, que terá lugar entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, destaca polo seu carácter inclusivo , dando prioridade ás crianzas con discapacidade intelectual, aínda que está aberto a todos os participantes.
As actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 horas e ten un custo de 40 euros por semana, cun prezo reducido para quen asistan ás dúas semanas. Ademais, aplicarase un desconto no caso de inscribir a un segundo irmán ou irmá.
Con esta iniciativa, Camiña reafirma o seu compromiso coa inclusión e co apoio ás familias durante as datas festivas, creando un espazo de lecer no que todos e todas poidan participar e desfrutar.
Para máis información e inscrición, as familias poden poñerse en contacto tanto à través das nosas redes sociais coma chamando ao numero de teléfono 982580423 (luns a xoves de 15:30 a 21:00 horas)