Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FS B, Guitiriz e FSF Castro, campións das finais da Copa Deputacion de Fútbol Sala

Guitiriz, 1 de novembro de 2024. Burela FS Pescados Rubén B, O Korreo Guitiriz e FSF Castro Carnemix proclamáronse esta tarde en Guitiriz equipos campións da V Copa Deputación de Fútbol Sala, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro entregou os premios aos equipos campións e subcampións, aos que felicitou polo xogo e a emoción coa que disputaron as finais e destacou o interese e a expectación que espertaron nos partidos, que encheron de público o pavillón guitiricense”.

Resultados finais

Feminina
Superti Ribeira FS 2- Burela FS Pescados Rubén “B” 5

2ª División Masculina
FSF Castro Carnemix 6 – Luisitalia 5

1ª División Masculina
O Korreo Guitiriz FS 8 – IM Galical Rábade FS 0

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa cunha achega de 22.200 euros – un dez por cento máis que na última edición- que se distribúe entre os equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 200 e 385 euros), e premios a maiores para os equipos campións (entre 550 e 800 euros) e subcampións (300 e 450 euros) de cada categoría.

A competición comezou o pasado mes de setembro co participación de 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

Exit mobile version