Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra este sábado a IX Festa da Castaña

O evento comezará ás 17:30 cos xogos de Xogando nas Nubes, e a partir das 18:00 será o reparto de castañas, bolos preñados, auga e viño

Burela, 4 de novembro de 2024. O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.

A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.

A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.

A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza “a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila”.

Exit mobile version