Os senadores do PP condenan que “o Executivo non aclare se vai tomar medidas ou non”; a pesar de que “o radar da A-8 á altura do Fiouco é un dos que máis multa” alcanzando en tres anos as preto de 50.000 sancións”
O Goberno de España argumenta en resposta oficial ante as preguntas dos representantes do PP lucense no Senado que “é axeitada porque só o 0,8% dos condutores incumpriron -entre o 15 de decembro de 2016 e o 31 de agosto de 2022- o semáforo en vermello que obriga ao desvío”. Ao respecto, Balseiro cre que “un só vehículo que circule nesa situación xa supón un perigo para a seguridade viaria”. A propia DGT informaba que 76 condutores foron detectados entre 2017 e 2021 desprazándose en sentido contrario neste tramo.
O popular condena, ademais, que “o Executivo non aclare se vai tomar medidas ou non para mellorar a sinalización para evitar que os automobilistas cometan erros”; a pesar de que “o radar da A-8 á altura do Fiouco é un dos que máis multa en Galicia e España” alcanzando en tres anos -entre o 2021 e o 2023- a cifra de preto de 50.000 sancións (49.923).
SANCIÓNS DO RADAR ENTRE 2021 E 2023
As sancións por exceso de velocidade no radar deste tramo da A-8 foron de 18.217 no ano 2021, 14.371 no ano 2022 e 15.514 no ano 2023; a unha media de algo máis de 16.000 ao ano.