Ribadeo, 13 de novembro de 2024. A reforma do hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Así o subliñou o alcalde, Dani Vega, que supervisou os traballos xunto a técnicos municipais, a compañeiros do equipo de goberno e a responsables da empresa encargada da obra.
O rexedor manifestou que “avanzan a moi bo ritmo as obras da residencia hospital asilo. Creo que a coordinación, a planificación e o traballo conxunto dan moi bos resultados. Felicitar aos técnicos urbanísticos do Concello, felicitar tamén á Área de Benestar Social e á empresa que realiza as obras. Baixo esa planificación fomos dando pasos moi importantes. Da bo resultado traballar a bo ritmo e traballar baixo a coordinación entre todos. Iso é o que hai que facer”.
Vega dixo: “nestes momentos, en qué fase estamos? estamos nunha fase de aportar o equipamento necesario, o ascensor, as instalacións de aire acondicionado, a fontanería, todo o sistema eléctrico, a calefacción por aerotermia, toda unha parte moi importante. Tamén avanzan a moi bo ritmo as obras nas instalacións, dos espazos dos que van gozar as persoas cando se instalen nesta residencia hospital asilo, xa se están rematando. Creo que se está facendo un bo traballo”.
O alcalde insistiu en que “a residencia de hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Destacar que dentro do proxecto non hai ningún tipo de modificado e iso supón que non haxa ningún tipo de retraso. E tamén, unha parte moi importante desde un punto de vista económico, a tranquilidade que temos desde o Concello por que aportar a Xunta de Galicia 700.000 euros danos un respaldo moi importante, co que tamén puidemos eliminar o crédito de 950.000 euros”.
Dani Vega engadiu: “as cousas, baixo esa programación, baixo esa planificación, baixo un traballo continuo e sensato, saen ben e polo tanto a residencia hospital asilo avanza a moi bo ritmo”.