Tras unha primeira parte complicada a rebufo do Móstoles no marcador, as mariñanas remontan con tres goles nos minutos 28 e 29
Burela, 2 de novembro, 2024. Ás 11.00h desta mañá celebrouse a 8ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que o Pescados Rubén Burela FS se enfrontou ao MRB Móstoles FSF no pavillón municipal Vista Alegre, cun resultado final 6-3.
Nunha primeira parte na que as Pícaras non se atopan na súa cancha, o Móstoles sobreponse logrando adiantarse no marcador en dúas ocasións antes do descanso. No minuto 3 Dany anota o primeiro tanto nun lanzamento que toca en Celia pero 2 minutos despois Benete empata o encontro cun tiro raso tras un roubo de balón. O xogo desenvólvese sen moitas ocasións durante os próximos minutos ata o minuto 11 que Caridad fai un paradón maxistral, sacando un balón que entraría pola escuadra nun disparo cruzado de Benete. Chega o segundo das visitantes no minuto 13, no que Celia anota tras recoller un balón longo e bater a Caridad, pero nun minuto o Burela volve poñer o marcador a ras cun roubo en primeira liña de Emilly que cede para que marque Patricia a pracer. A dous minutos do descanso unha acción de estratexia que resolve Benete cun disparo afastado leva ás madrileñas ao descanso con vantaxe no marcador, 2-3.
Segunda parte frustrante para as mostoleñas a partir do minuto 28 no que as locais comezan o seu recital final nesta xornada 8, ofrecendo un espectáculo que todo España puido ver por Teledeporte. Arrinca Patricia co gol do empate rematando no segundo pau a unha gran asistencia de Antía Pérez e segundos despois Dany tamén remata outro impecable pase, esta vez de Emilly, dende o á esquerda e poñendo por diante ao equipo que capitanea no marcador. Continua a maxia no minuto 29 no que a imparable Emilly anota o 5-3 despois dunha boísima triangulación entre Cami, Dany e Cilene. É neste mesmo minuto no que Patri Chamorro aposta polo xogo de 5 sacando a Benete coa elástica de porteira-xogadora, logrando conter a presión o Pescados Rubén ata o final do partido, non sen antes anotar o sexto nos últimos segundos cun gol de Caridad a portería baleira.
A dous puntos do Futsi na clasificación o Pescados Rubén Burela FS mantense en segundo posto. O vindeiro sábado día 9 as burelenses enfrontaranse a outro derbi galego ante o Ourense Ontime, no pavillón dos Remedios ás 19.30h.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-3 MRB Móstoles FSF
Pescados Rubén Burela FS (6): Caridad; Dany (C), Dinha, Noelia Montoro, Emilly- cinco inicial-, Patricia, Carolina Pedreira, Débora, Cami, Antía Pérez, Cristina. Entrenador: Julio Delgado.
MRB Móstoles FSF (3): Pitu; Nere Moldes, Inma, Benete, Celia -cinco inicial-, Claudia, Montufo, Piti, Luchi, Clau, M.Serrano. Entrenadora: Patri Chamorro.
Goles: 1-0, min.3: Dany. 1-1, min:5: Benete. 1-2, min.13: Celia. 2-2, min.14: Patricia. 2-3, min.18: Benete. 3-3, min.28: Patricia. 4-3, min.28 Dany. 5-3, min.29: Emilly. 6-3, min.40: Caridad.
Árbitros: Rubén Ferrero Carballal, Sergio Sánchez Llorente, Pablo Coello Martínez, Andrea de Luis Iglesia.
TA: Carolina Pedreira, Emilly, Benete, Nere Moldes.