Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobado o Orzamento para o ano 2025 do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo que sobe a 7,6M€

A Deputación de Lugo achega o 50% deste presuposto para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento cos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro na vindeira anualidade

Lugo, 28 de novembro de 2024. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de preto de 7,6M€ para o ano 2025, que se incrementa así un máis dun 30% con respecto ao 2024. A Deputación achega o 50% deste presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 7.599.948,12€ que contempla o Orzamento do 2025, un total de 4,8M€ están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, máis 1,1M€ a gastos correntes, preto de 1,6M€ ao fondo de continxencia e outros imprevistos, e 9.000€ a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro).

Exit mobile version